O transporte público perde 12 millóns de pasaxeiros

0
726

O transporte público rexistrou un descenso próximo aos 12 millóns de pasaxeiros durante o pasado mes de marzo respecto ao mesmo mes do ano anterior, sendo un 2,4% a caída en termos porcentuais.

En relación ao mes anterior, a evolución, a pesar de ser positiva, deixa algunhas lagoas:

Grafico transporte publico

O Instituto Nacional de Estadística(INE) desglosou a evolución analizando sectores fundamentais como o son : o transporte urbano e interurbano.

Transporte urbano: O metro freáse

O transporte urbano é aquel que se dedica a comunicar entre si núcleos urbanos distintos que están situados dentro dun mesmo municipio. Neste grupo inclúese o transporte en metro e o transporte en autobús.

Bilbao é a cidade que saca peor nota, sofre a maior caída en ambos os indicadores, no caso do transporte en metro, obtén un descenso do 8,6% anual, e para o caso do transporte en autobús a caída ascende ao 6,3%. En termos xerais, a caída do transporte urbano sitúase no 2.7%.
Tabla-transporte-urbano-compressor

Transporte interurbano: O mar ponse firme

O interurbano, dedicado ao transporte entre diferentes municipios, desagrégase en: Proximidades ( ata 50km), media distancia(ata 300km) e longa distancia(máis de 300km):

É o transporte marítimo o que rexistra os mellores resultados, unha subida do 25,4%, seguido do 14% do transporte aéreo. O caso do AVE rexistra unhas subidas próximas ao 7,1%. En termos xerais, a subida do transporte interurbano queda no 0,4% en relación ao pasado mes de marzo.

Se comparamos a evolución entre en ferrocarril e o autobús interurbano, obtemos o seguinte gráfico:

Grafico transporte interurbano

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor, deja tu comentario
Por favor, introduce tu nombre aquí