Sen Rajoy non hai debate a catro

0
663

O clima de campaña electoral é evidente. Os partidos, se non o fixeron antes, comezan a salpicar mensaxes e ataques aos seus principais rivais. O 26x , está á volta da esquina e a polémica sobre os debates electorais está de novo sobre a mesa.

Óscar López (PSOE) explicou que o seu supartido recibiu xa seis peticións de debates a catro: «Hai unha demanda real por parte dos medios de comunicación que o PSOE pensa atender», asegurou. Un desexo,  compartido por Podemos e Ciudadanos, quenes anunciaron que atenderán a todas as chamadas dos medios.

Mariano Rajoy: «A nadie le apetece hacer debates»

Porén, os líderes  de PSOE, Podemos e Ciudadanos anunciaron que os seus líderes non irán a ningún debate electoral co PP no que non participe Rajoy. Un anuncio que chega tras as palabras do presidente en funcións e candidato do PP, Mariano Rajoy, que mostrou na SER moi pouco entusiasmo por confrontar ideas cos seus rivais políticos asegurando que «a ninguén lle apetece facer debates, estas cousas requieren un gran esforzo, non é algo cómodo».

 

 

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor, deja tu comentario
Por favor, introduce tu nombre aquí