Albert Rivera e Pablo Iglesias confirman a súa asistencia ó primeiro debate do 26J

0
87

A Asociación DEMOS UC3M organizou un novo debate electoral cos cabezas de lista das catro formacións con maior representación no Congreso dos Deputados; Partido Popular, Partido Socialista, Podemos e Cidadáns.  O debate a catro, ao cal foron convidados Mariano Rajoy, Pedro Sánchez, Pablo Iglesias e Albert Rivera,  terá lugar o  luns 6 de xuño ás 12:30 no Auditorio Padre Soler da Universidade Carlos III de Madrid.

A data de hoxe, Pablo Iglesias e Albert Rivera aceptaron a invitación para participaren no debate, a condición de que acudan a el todos os líderes convidados. A celebración do devandito debate depende da confirmación dos líderes do PP e do PSOE. Con todo, o líder socialista, ligou a súa participación á presenza de Mariano Rajoy, dificultando a asistencia.

Está confirmado que o xornalista Carlos Alsina repetirá como moderador neste #EspañaaDebate que terá o pracer de contar cun aforamento de 1.100 persoas e está previsto que uns 100 xornalistas se acrediten para poder cubrilo evento.

Deja un comentario