A opinión pública segundo Metroscopia: abril de 2016.

0
584

Xa está publicado o novo sondeo realizado por Metroscopia,pertencente ao mes de abril, o cal foi levado a cabo entre os días 5-6 do mesmo mes de 2016. Neste artigo limitarémonos a resumir textual e gráficamente os datos cuantitativos do sondeo, que poden servir para aclararnos o contexto económico e político, quedando reflexado na sociedade española.

En primeiro lugar, podemos observar datos sobreo o xénero e a idade das persoas que respostaron a enquisa. En canto ó sexo, temos que un 51% son mulleres e un 49% son homes (non se lles pregunta por esta cuestión, senón que se determina a partir do recoñecemento de voz por parte do entrevistador). En canto á idade, temos que un 22% ten entre 18-34 anos; un 38% entre 35-54 anos; e un 40% de 55 en adiante.

Por un lado, pregúntaselles pola situación económica e política de España. As respostas que obtemos do sondeo sobre isto non son moi positivas. Por exemplo, sobre a situación económica, un 8% defínea como boa; un 9% como regular; un 54% como mala e un 29% como moi mala. Á hora de valorar a situación política, un 3% defínea como boa; un 4% como regular; un 38% como mala e un 55% como moi mala.

Grafico I

Por outro lado, temos os resultados da opinión pública acerca do interese que teñen os principais partidos políticos en chegar a acordos. O partido político que ten unha maior valoración neste sentido é Ciudadanos, co que un 50% das persoas enquisadas cre que busca realmente un acordo, pola contra o 46% pensa que ese interese soamente é aparente. O partido peor valorado é o Partido Popular, xa que só un 22% pensa que o seu interese é real; un 72% cre que a actitude do PP en canto a acordos é ficticia. Podemos visualizar o resultados dos partidos restantes no seguinte gráfico:

Grafico II

 Asemade, pregúntaselles ós enquisados pola súa opinión sobre a posibilidade de que se celebren unhas novas eleccións ou si se formará goberno nas próximas semanas. Un 73% está convencido de que se celebrarán eleccións, mentras que unha mínima porcentaxe (22%) pensa que se formará un novo goberno nun futuro cercano.

Aínda así, debemos ter en conta as preferencias da cidadanía, pois un 61% cre que é máis favorable para o país que os partidos cedan para formar goberno. Un 35% opina que a celebración de novas elección é máis beneficioso para España.

Todo está relacionado coa fragmentación electoral e parlamentaria, froito do resultado dos últimos comicios celebrados o 20 de decembro de 2016. Por esta razón, Metroscopia pregunta sobre a preferencia entre a representación parlamentaria de numerosos partidos de diferentes tamaños no Parlamento e a representación política de dous grandes partidos. É dicir, dunha forma ou doutra, pregúntaselles polo pluralismo político ou pola estabilidade política en España. En resumo, un 67% aboga pola diversidade de partidos no Parlamento, aínda que iso supoña problemas para chegar a acordos; mentres que un 30% aposta pola existencia de dous grandes partido que garanten a formación de gobernos.

En canto a valoración e coñecemento de líderes, temos que os máis coñecidos ( polo 100% dos enquisados) son Mariano Rajoy, cunha aprobación do 27% e desaprobación do 73%; Pedro Sánchez, cunha aprobación do 36% e desaprobación do 32%; e Pablo Iglesias cunha aprobación do 26% e desaprobación do 72%.

Chama a atención que a figura de Pablo Iglesia sexa valorada más negativamente que a do propio Presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy. O liderato de Pablo Iglesias foi beneficioso para Podemos, especialmente nas elección europeas de 2014, pero pode pasarlle factura por distintos motivos: relación de Lider con Venezuela ou Irán; o duro discurso planteado contra o PSOE na sesión de investidura fallida de Pedro Sánchez; ou a actitude de soberbia e arrogancia en política do propio secretario xeral de Podemos.

O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, aproba co 56% de apoyos, á vez que un 42% desapróbao. Alberto Garzón ten uns datos que se asemellan: aprobación do 51% e desaprobacón do 45%. Os líderes de Ciudadanos e de Izquierda Unida- Unidad Popular son os que obteñen unha valoración máis positiva, chegando ó aprobado, por parte da opinión pública española.

Grafico III

Tamén se lles pregunta pola intención de acudir a votar, nunha escala de 0-10, na que 0 significa que con total seguridade non irán a votar, e 10 é que irán a votar con total certeza.Os datos máis destacables son os que atopamos en ambos extremos: un 7% recoñece que non iría a votar total certeza, mentres que un 69% asegura que acudiría ao seu colexio electoral máis preto para exercer o seu dereito.

Hai unha cuestión relacionad con reconto de votos. O resultado é o seguinte:

Grafico IV

Únicamente o 63% asegura que repetirá o seu voto. Polo tanto, o resto pode condicionalo futuro do Parlamento e da política española. O comportamento volátil, ainda non maioritario, da sociedade española xoga un papel fundamental no caso de que se celebren, novamente, unhas elección xeráis nun futuro que non está moi lonxe.

A continuación falaremos da intención directa de voto no caso de que se celebren eleccións xeráis nas próximas semanas ( sempre e cando se presenten os mesmos partidos políticos). Estes datos van a ser representados xunto a simpatía da opinión pública de aquelas persoas que non votarían, que non o saben, que non o teñen decidido ou que non respostan.

Grafico V
A intención directa de voto contrasta coa simpatía da cidadanía que está marcada pola desafección política cara os partidos políticos.
O partido que máis simpatía recibe é o PSOE, seguidos de Ciudadanos. Os posibles electores de Podemos (contando coas coalicións de Galicia, Catalula e Comunidade Valenciana) e Partido Popular teñen unha simpatía menor cás das formacións políticas anteriormente mencionadas.

A desafección política e institucional é evidente, xa que según os datos que nos ofrece Metroscopia, un 34,4% das persoas enquisadas non votaría nin sinte simpatía por ningún partido político; así como a indecisión dos votantes, xa que o 10,3% dos desafectos ou indecisos aínda non teñen decidido o voto.

Porén, hai datos sobre aqueles partidos ós que a cidadanía non votaría en ningún caso. O primeiro sería o Partido Popular cun 52,8%; o segundo é Podemos (e as súas confluencias) cun 46.5%, o terceiro sería o PSOE cun 15,5%; o cuarto en ocupar o ranking é Ciudadanos, cun 14,5%; e por último IU-UP cun 6,6%. É abismal a diferencia que hai entre PP e Podemos, e o resto de formacións políticas.

Grafico VI

Outra parte da enquisa ten como obxeto coñecer a valoración sobre o liderato dos líderes dos principais políticos. Por exemplo, só un 20% estaría de acordo en que Mariano Rajoy sexa o candidto do PP en caso de que se celebren unhas eleccións xerais. Pedro Sánchez (PSOE) recibe o apoio do 46% ( en contraposición do 48% da cidadanía). Pablo Iglesias ten o apoio do 41% da opinión públia. Os líderes maior valorados, Albert Rivera e Alberto Garzón, son os que teñen un maior apoio social: un 81% e un 74% respectivamente.

Tamén se trataron cuestións como unha posible coalición de Izquierda Unida e Podemos, onde un 45% dos enquisados estaría tanto a favor como en contra de que concurran xuntos a unhas hipotéticas eleccións xerais. E se iso ocurrise, un 14% asegura que o votaría; un 16% probablemente o votaría; un 11% votaríao; e un maioritario 57% non o votaría.
Comparando a intención directa do voto co recordo do voto das elección xerais do 20-D, temos os seguintes datos:

Grafico VII

Como podemos observar no gráfico, os partidos que obterían un mellor resultado segundo a intención directa de voto da cidadanía son Ciudadanos e IU-UP. O Partido Popular tamén subiría (aínda que mínimamente). Os partido máis afectados son Podemos e o PSOE. As sesións de investidura de Pedro Sánchez semellan que pasaron factura a ambas formacións, o cal fará que se modifiquen al estratexias a seguir de cara á posible repetición das elección xerais.

En canto á escala ideolóxica que nos amosa a autoubicación dos enquisados, vemos cómo o 35% se sitúa no centro político, así como unha tendencia no centro-esquerda que é maior ca o centro-dereita.
A escala ideolóxica no eixe esquerda-dereita das persoas enquisadas é a seguinte:

Grafico VIII

En resumo, sempre sae a debate a forma na que se «cociña» unha enquisa, ainda que personalmente, creo que a polémica xurde cando se realiza unha valoración subxetiva dos datos dun sondeo, segundo o medio de comunicación que o difunda.

Porén, a opinión pública é soberana e esencial para diseñar estratexias de marketing electoral, asi como para estudar o comportamento político dos españois. Non estudar as variables que afectan á sociedade española é un fallo constante de moitos partidos políticos, o cal da lugar á malinterpretacións e campañas electorais erróneas.

 

Deja un comentario