Izquierda Unida e Podemos plantean un «contrato único temporal»

0
686

→ Izquierda Unida renuncia ó seu programa de traballo Garantido.


O documento basee que marca as liñas programáticas do acordo entre Podemos e Izquierda Unida garda dúas propostas semellantes ás expostas por Ciudadanos na pasada campaña electoral, o contrato único e o complemento salarial. Ambas moi criticadas por Podemos e Izquierda Unida no propio transcurso da campaña así como no período de negociación.

O deputado de Ciudadanos, Toni Roldán, ironizaba mentres advertía a Podemos e a Izquierda Unida do parecido que aprecia entre dous das propostas sinalando con ironía que son propostas do «capitalismo opresor». Con todo, Que diferenzas se gardan entre o contrato único de Podemos e o de Ciudadanos?

No seu programa, o partido de Rivera expuña eliminar o contrato temporal para crear un contrato único » indefinido, con indemnizacións crecentes, proporcionais á antigüidade do traballador na empresa».

Captura de pantalla (97)O actual sistema versa sobre varios modelos de contratos temporais, como poden ser o de obra ou servizo, entre outros. A proposta de Podemos e IU consiste en manter o contrato temporal. Con todo, tal e como reza  o documento programático  de Podemos e Izquierda Unida ’50 pasos para gobernar xuntos’ preténdese eliminar todas as especificidades ata agora vixentes e deixar un só formato de contrato temporal. Segundo alegou o responsable da formación morada, Nacho Álvarez, esta proposta ten como fin eliminar a fraude que encerran os actuais modelos.

As diferencias co pacto PSOE-Ciudadanos

No acordo de investidura chegado entre PSOE e Ciudadanos tras o 20D, mantiñase o contrato indefinido tal como agora está. En canto ao contrato temporal denominado «contrato estable e progresivo» mantense limitado a dous anos. A peculiaridade é que se propoñía un incremento da indemnización por despedimento e mellorar os incentivos para que estes contratos se converteran en indefinidos, xa sexa mediante bonificacións para as empresas ou sancións para as empresas que «abusen da rotación laboral».

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor, deja tu comentario
Por favor, introduce tu nombre aquí