PSOE e Podemos nunha lista conxunta ó Senado? A posible trampa a Pedro Sánchez

0
98

Os líderes de Podemos e Izquierda Unida escenificaron no día de onte o acordo para a confluencia entre as súas formacións para as Eleccións Xerais do 26 de xuño. Hoxe, ese acordo está a ser sometido a consulta entre as bases de ambos partidos.

A carta

descargaA alianza estratéxica busca “a suma” para facerse coa hexemonía da esquerda que leva ostentando durante décadas o Partido Socialista en España. Ante isto, o Secretario Xeral e candidato á Presidencia do Goberno de Podemos, Pablo Iglesias, lanzou unha proposta inesperada ao Comité Federal do PSOE en forma de carta, ofrecendo unha alianza electoral en certas provincias mediante unha lista conxunta. Con esta proposta Podemos, asegura na súa carta, que é posible “acabar co bloqueo do PP” na Cámara alta.

O dobre fío da proposta
Nada fai presaxiar que a composición da Cámara Alta tras o 26J supoña o fin da maioría absoluta do Partido Popular, e as alternativas para cambiar esta eventualidade son reducidas. Unha delas pasa pola concentración do voto en certas provincias mediante alianzas estratéxicas.

Ante isto é posible considerar que a proposta de Podemos ao PSOE versa sobre a construción dun escenario favorable para que ambos os partidos poidan levar a cabo aquelas reformas constitucionais que consideren e compartan nos seus programas. Desde unha análise positiva, a candidatura conxunta supoñería unha redución dos custos electorais que se producen na propia competición, o que maximizaría os seus beneficios. Con todo , Por que non se propuxo esta alianza antes do 20D e si agora?

Outra posibilidade apunta á construción do discurso de Podemos para a campaña electoral. Facer reaccionar ao teu opoñente no seu espazo ideolóxico e facer que se mova para poder ocupalo, é fundamental en toda campaña. Desde un punto de vista analítico, é posible considerar que mediante esta proposta Podemos busque desprazar ao Partido Socialista cara á dereita do espectro ideolóxico, buscando de novo, e reforzando, a mensaxe da “gran coalición”. Se o PSOE non acepta unha alianza para acabar coa maioría absoluta do PP Está co PP e as súas políticas? O escenario do xogo xa está creado.

Deja un comentario